
Que é o Parkinson?
A enfermidade de Parkinson é un trastorno neurodexenerativo crónico que afecta o sistema nervioso central e causa problemas co movemento, o equilibrio e a coordinación. É unha das enfermidades neurodexenerativas máis comúns despois da enfermidade de Alzheimer.
Como afecta a enfermidade ao corpo
Que sucede na enfermidade de Parkinson?
O Parkinson afecta o funcionamento do cerebro e a produción de dopamina, un neurotransmisor esencial para controlar o movemento. Estas alteracións son as responsables dos síntomas característicos da enfermidade.
Dexeneración de neuronas: A enfermidade de Parkinson caracterízase pola dexeneración de neuronas nunha parte do cerebro chamada substancia negra, que é responsable de producir dopamina, un neurotransmisor que xoga un papel crucial no control do movemento.
Diminución de dopamina: A diminución de dopamina no cerebro causa problemas co movemento, o equilibrio e a coordinación, o que leva aos síntomas característicos da enfermidade de Parkinson.
A enfermidade de Parkinson preséntase cunha serie de síntomas que afectan o movemento, o equilibrio e a coordinación, impactando a vida diaria. Entender estes sinais é o primeiro paso cara ao coidado adecuado. Aquí describimos os síntomas máis frecuentes:
Tremores
Movementos involuntarios visibles en mans, brazos ou cabeza.
Rixidez muscular
Tensión en músculos que limita movementos diarios.
Bradicinesia
Lentitude para realizar accións cotiás simples.
Dificultades de equilibrio e coordinación
Inestabilidade que aumenta o risco de caídas frecuentes.
Alteracións ao camiñarr
Pasos curtos ou arrastrando os pés constantemente.
Cambios na escritura (micrografía)
Letra máis pequena, apertada e irregular.
Problemas coa fala (disartria)
Voz baixa, monótona e difícil comunicación.
É crucial saber que o Parkinson afecta a cada persoa de forma distinta, e a gravidade dos síntomas pode variar considerablemente. Se ti ou un ser querido experimentan algún destes sinais, non dubides en buscar asesoramento médico. Un diagnóstico temperá e un plan de tratamento personalizado son fundamentais para manexar a enfermidade e mellorar a calidade de vida.
Trastorno neurolóxico complexo
Enfermidade de Parkinson: Entendendo a súas causas e factores de risco
A enfermidade de Parkinson é un trastorno neurolóxico complexo. Aínda que a súa causa exacta non se coñece por completo, sabemos que é o resultado dunha interacción entre a nosa xenética e a contorna que nos rodea. Comprender os factores que poden aumentar o risco de desenvolvela é clave.

Factores que poden aumentar o risco
Que aumenta o risco do parkinson?
Diversos factores poden influír na probabilidade de desenvolver a enfermidade:
Idade: É o factor de risco máis significativo. A maioría das persoas son diagnosticadas despois dos 60 anos.
Xenética: Se tes antecedentes familiares de Parkinson, o teu risco podería ser maior. Identificáronse mutacións xenéticas específicas que aumentan esta probabilidade.
Exposición a toxinas: Certos pesticidas e herbicidas foron relacionados cun maior risco de Parkinson.
Traumatismo cranial: Sufrir unha lesión cerebral previa tamén pode incrementar o risco.
Outras enfermidades: Algunhas condicións de saúde como a diabetes e a hipertensión poden estar asociadas cun risco elevado.
A ciencia non se detén na súa procura de respostas:
Estudos xenéticos: Os científicos están a traballar para identificar os xenes específicos que poden influír no risco de Parkinson.
Estudos ambientais: Está a investigarse activamente a relación entre a exposición a toxinas e o desenvolvemento da enfermidade-
É crucial lembrar que a enfermidade de Parkinson é un trastorno multifactorial. A combinación dos nosos xenes e a contorna xoga un papel vital na súa aparición. Se tes algunha preocupación sobre o teu risco persoal, o máis importante é que consultes cun médico.
Como mellorar a calidade de vida
Entendendo o tratamento da enfermidade de Parkinson
Vivir coa enfermidade de Parkinson é un desafío, pero non tes que enfrontalo só. O obxectivo principal do tratamento é controlar os síntomas e mellorar a túa calidade de vida día a día. Aínda que , por agora, non hai unha cura, existen moitas opcións efectivas que poden axudar a que te sintas mellor.

Como mellorar a calidade de vida
Medicamentos: o teu aliado principal
Os medicamentos son a base do manexo do Parkinson, actuando para compensar a falta de dopamina no teu cerebro:
- Levodopa: Este é o medicamento máis potente e coñecido. Axuda ao teu cerebro para repoñer a dopamina que necesita, aliviando moitos dos síntomas.
- Agonistas da dopamina: Estes medicamentos "imitan" a acción da dopamina. Poden usarse sós ou en combinación coa levodopa.
- Inhibidores da MAO-B: Axudan a que a dopamina que o teu corpo produce dure máis tempo, bloqueando a encima que a descompón.
Como mellorar a calidade de vida
Terapias non farmacolóxicas: mellora o teu día a día
Ademais dos medicamentos, hai terapias que che axudarán a manter a túa independencia e benestar:
Fisioterapia: Traballa en mellorar a túa mobilidade, equilibrio e flexibilidade. Un fisioterapeuta podeche ensinar exercicios específicos para manterche activo.
Terapia ocupacional: Tes dificultades con tarefas cotiás? Un terapeuta ocupacional darache ferramentas e estratexias para facer actividades como vestirche ou cociñar de forma máis sinxela e segura.
Logopedia (Terapia da fala): Se notas cambios na túa voz ou tes problemas ao tragar, un logopeda pode axudarche a mellorar a comunicación e a deglución.

Unha das opcións
Cando se considera a ciruxía?
Para algunhas persoas, cando os medicamentos xa non controlan os síntomas de forma óptima, a cirurxía pode ser unha opción:
Estimulación Cerebral Profunda (DBS): É unha cirurxía onde se implanta un pequeno dispositivo que envía impulsos eléctricos a áreas específicas do cerebro. Isto pode axudar a controlar tremores, rixidez e lentitude de movementos.
Podería interesarche
Recursos e ligazóns útiles sobre o parkinson





Entender o Parkinson
O Rol do estilo de vida: cóídate cada día
O teu estilo de vida xoga un papel enorme en como che sentes:
- Exercicio regular: Manterche activo é fundamental. O exercicio non só mellora a túa mobilidade, senón que tamén pode ter un impacto positivo na túa función cognitiva e o teu estado de ánimo.
- Dieta saudable: Unha alimentación equilibrada é clave para a túa saúde xeral e pode axudarche a manexar mellor algúns síntomas.
- Apoio emocional: Non subestimes o poder de conectar con outros. O apoio de familiares, amigos e grupos de pacientes é crucial para manexar o estrés e a ansiedade que poden acompañar ao Parkinson.
Lembra, cada persoa vive o Parkinson dunha maneira única. Por iso, é esencial que traballes da man co teu equipo médico para crear un plan de tratamento personalizado que se adapte ás túas necesidades específicas. Eles son os teus mellores guías neste camiño.