Muñecos de papel de colores solidarios

Quen somos

Unha comunidade unida polo coidado, a axuda e a esperanza de cada persoa con Parkinson.

Apoio, coidado e compromiso co Parkinson

A Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra xurdiu como institución, co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson e favorecer a súa integración na vida familiar, social e laboral.

A Asociación nace a partir de funcionar durante dous anos como Delegación da Asociación Parkinson Galicia, constituíndonos o 11 de xullo do 2002 como entidade xurídica propia.

Somos unha entidade sen ánimo de lucro que congrega a persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson, os seus familiares e persoas sensibilizadas coa problemática desta complexa enfermidade. Así mesmo, contamos coa colaboración de profesionais da saúde e doutras disciplinas relacionadas coa enfermidade.

A orixe desta Asociación non é outro que a solidariedade cara ás persoas que, directa ou indirectamente, padecen esta enfermidade cualificada polos especialistas como crónica, irreversible, invalidante e progresiva.

Persoas unidas por unha mesma misión

O noso equipo

Logo Asociación Parkinson Ferrol

Xunta directiva

A asociación

Supervisan e toman decisións para garantir o bo funcionamento e crecemento da asociación.

Susana Sebastián

Susana Sebastian

Administrativa

Xestiona tarefas administrativas, coordinación e organización interna da asociación.

Sabela Días

Sabela Díaz

Logopeda

Mellora a comunicación e deglución dos pacientes con Parkinson.

Teresa

Teresa

Fisioterapeuta

Apoia movilidade, equilibrio e  forza para manter autonomía na vida diaria.

María José Paz

María José Paz

Psicóloga

Acompaña emocionalmente a pacientes e familiares, fomentando benestar e resiliencia.

Alba Canosa

Blanca Canosa

Traballadora social

Facilita acceso a recursos, orientación e apoio integral para pacientes e familias.